De cando en vez póñolles ós meus alumnos de segundo (agora na materia de Tradución idioma I do grao, antes na de Tradución xeral inglés-alego da licenciatura) un exame sorpresa. É máis longo ca os exames que adoito poñer eu, e eles sábeno porque llelo advirto antes de comezar; doulles 90 minutos para facelo, menos tempo do habitual, e sábeno tamén. Así e todo sempre aceptan facelo, aceptan someterse a un exame longo e difícil en condicións precarias: non teñen todalas súas ferramentas de consulta, só o ordernador se ese día o levan a clase, dispoñen de menos tempo, etc. E a verdade é que malia a situación tan particular, os máis deles adoitan rematar moi ben a proba. Porque?