
© Luciano Cañadas Álvarez
Licenciado e Doutor con mención Internacional en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo, Óscar Ferreiro Vázquez (Fribourg, Suíza) é docente no Departamento de Tradución e Lingüística da Facultade de Filoloxía e Tradución da mesma Universidade onde imparte docencia no grao, posgrao e doutoramento (programa Tradución & Paratradución).
Coa tese «Por boca de»: achegas á historia da interpretación do centro e sur de América (1518-1870), baixo a dirección do profesor Xoán Manuel Garrido Vilariño, obtivo a cualificación de Sobresaliente CUM LAUDE e outorgóuselle o premio extraordinario da Universidade de Vigo na convocatoria de 2016.
Formou parte de distintos paneis internacionais onde foi convidado para ditar conferencias e ponencias (Sorbonne Nouvelle, Université Toulouse Le Mirail, Instituto Superior de Contabilidade e Administração do Porto, Universidade do Minho).
É membro investigador do grupo Tradución & Paratradución (T&P) e participa no proxecto da Universidad de Valladolid sobre a «Catalogación y estudio de las traducciones de los dominicos españoles e iberoamericanos» realizando tarefas sobre historia da tradución e interpretación da Orde nas misións de América Latina.
As súas liñas de investigación comprenden a historia da tradución e interpretación en América durante a conquista e colonización e a tradución do movemento globalizador hip hop como expresión artística e cultural.
É tradutor-intérprete xurado de francés-galego-francés, habilitado pola Secretaría Xeral de Política lingüística (Xunta de Galicia). Na empresa privada impartiu máis de 1 500 horas de formación ao cadro de diferentes empresas, as especialidades impartidas eran francés administrativo, marítimo, empresarial e comercial, entre outras. Durante cinco anos levou a cabo tarefas de tradución e interpretación nunha empresa recoñecida da cidade de Vigo, encargándose tamén de coordinar un equipo de tradutores e intérpretes para dar servizos lingüísticos a máis de cen empresas nacionais e internacionais.
Últimas publicacións máis relevantes
- Ferreiro Vázquez, Óscar. (2016) «Las ordenanzas sobre interpretación del virrey Francisco Álvarez de Toledo en la América colonial: promotor legislativo de quien habla por boca de», en Ferreiro vázquez, Ó. [ed.] Traducir e interpretar lo público. Granada: Editorial Comares, pp. 27-47.
- Ferreiro Vázquez, Óscar. (2016) «De la comunicación no verbal al acto de mediación: el habitus en interpretación durante la conquista y colonización de América», Estudios Hispánicos. Vol. XXIV: 37-48.
Transferencia de coñecemento
As investigacións realizadas na tese de doutoramento do profesor Óscar Ferreiro Vázquez no só obtiveron o premio extraordinario de doutoramento senón que o impacto nas forzas vivas de Vigo son tan fortes que até inspirou a creación dunha escultura que representa ao intérprete Gonzalo de Vigo cuxa figura é obxecto de investigación do Dr. Ferreiro Vázquez.
- «Tese doutoral sobresaínte Cum Laude con mención Internacional para un Limián», Dende A Limia.com, 18/11/2017
- Bruna Quintas, Beatriz (2017) «Gonzalo de Vigo: navegante, traductor e intérprete», Efemérides del Puerto de Vigo, n.º 52: 1-18.
- Prego, C. (2017): «Gonzalo de Vigo era marinero, pero ante todo un intérprete y mediador cultural» Faro de Vigo, 07/10/2017.
- Otero, J. A. (2017): «Una escultura del robinsón Gonzalo de Vigo encabezará la humanización de Portocultura», Faro de Vigo, 05/10/2017.
- Lamas, J. (2016) «Chegamos aos primeiros intérpretes por expresións como en boca de», La Voz de Galicia, 01/09/2016.
- Patricia, S. (2016): «Un veciño de Baronzás publica unha tese que afonda na figura dos intérpretes na conquista de América», Dende A Limia, 6/05/2016.
- Otero Ricard, J. A. (2013): Gonzalo de Vigo, el robinson gallego, Faro de Vigo, 15/09/2013.
Contacto: oferreiro@uvigo.es Facebook persoal: https://www.facebook.com/oscar.ferreirovazquez