Buján Otero, Patricia

Profesora Asociada

Departamento de Tradución e Lingüística

BIONOTA

Patricia Buján Otero é doutora en Tradución pola Universidade de Vigo. Compatibiliza a súa actividade como tradutora (traducion.gal) e editora (Catro Ventos) coa de profesora asociada na área de tradución da devandita universidade. En 2015 doutorouse coa tese A tradución da fraseoloxía no xénero textual manual de instrucións na combinación lingüística alemán-español.

Licenciada en 1998 en Tradución e Interpretación (UVigo), leva practicamente desde entón dedicándose como profesional á tradución (alemán, inglés e catalán) e corrección (galego e castelán), sobre todo nos ámbitos da tecnoloxía, da arte, da publicidade e da edición. Neste último, verteu para o galego, entre outras autorías, obras de Byung-Chul Han, Rachel Carson, Hans Fallada e Albert Einstein, e entre as traducións máis recentes salientan Heidi (Johanna Spyri, Aira das Letras, 2021) e O perfume (Patrick Süskind, Kalandraka, 2021).

É membro da AGPTI, que presidiu entre 2012 e 2016, da AGX (Asociación Galega de Xermanistas) e de ACEtt.

EXPERIENCIA DOCENTE

Como profesora asociada na UVigo, imparte desde 2019 (e previamente entre 2007 e 2013) materias de tradución de inglés e alemán no Grao en Tradución e Interpretación, no Máster en Tradución para a Comunicación Internacional e no programa de doutoramento Tradución & Paratradución da Universidade de Vigo. Canda a profesora Ana Luna, coordina nesta mesma universidade o título propio de Especialista en Edición («A cadea do libro: deseñar, executar e resolver proxectos editoriais») que se lanza no curso 2023-2024. Así mesmo, desde o curso 2022-2023 é profesora convidada no Máster en Servizos Culturais da USC, onde imparte a materia «O sector editorial galego: políticas, mercado, axentes e procesos».

LIÑAS DE INVESTIGACIÓN

A súa investigación actual céntrase especialmente nas políticas editoriais, co foco de atención posto na tradución e na edición crítica, traballo que desenvolve desde o grupo de investigación BiFeGa da Universidade de Vigo dentro da liña de Bitraga (Biblioteca de Tradución Galega). No entanto, tamén mantén dúas liñas de investigación que abordou máis no pasado, a saber, a fraseoloxía (tanto xeral coma especializada) e a xestión da calidade en tradución técnica e editorial. 

PUBLICACIÓNS
  • Buján Otero, Patricia (en prensa). «Procesos intrínsecos en la toma de decisiones en traducción técnica». En P. Buján-Otero e L. Domínguez Araújo (eds.), Traducción & Paratraducción III. Procesos inherentes a la interpretación, la revisión y la traducción. Berlin: Peter Lang.
  • Buján Otero, Patricia (2020). «He aquí la vida de una mujer literata. Traducción y género en las políticas editoriales en Galicia (2011-2018)». Transfer XV, 1-2 (2020), 31-51.
  • Buján Otero, Patricia (2015). A tradución da fraseoloxía no xénero textual manual de instrucións na combinación lingüística alemán-español. Tese de doutoramento da Universidade de Vigo.
  • Mellado Blanco, Carmen; Schemann, Hans (coords.). Idiomatik Deutsch-Spanish. Hamburg: Buske Verlag. Coautoría: P. Buján Otero, Ana Mansilla, Nely Iglesias e Juan P. Larreta.
Álvarez Lugrís, Alberto
Bourgoin Vergondy, Emmanuel
Buxán Otero, Patricia
De Carlos Villamarin, Pablo
Del Pozo Triviño, Maribel
Domínguez Araújo, Lara
Fernández Carballo Calero, Pablo
Fernández Ocampo, Anxo
Ferreiro Vázquez, Óscar
Galanes Santos, Iolanda
Garrido Vilariño, Xoán
González Santamaría, Pedro
Gregori Sendra, Jessica
Hermida Ruibal, Ana
Louredo Casado, Sara
Luna Alonso, Ana
Méndez González, Ramón
Montero Domínguez, Xoán
Mourelo Pérez, Salvador
Ordóñez Puime, Amador
Sanchez Trigo, Elena
Sotelo Dios, Patricia
Torres Pérez, Francisco José
Yuste Frías, José
GL
Skip to content