Ramón Méndez (Ourense, 1983) é doutor en Tradución e Paratradución de Videoxogos. Leva desde 2003 na industria do videoxogo. Ten colaborado con medios de prensa especializada (MeriStation, Manual, GamesTribune, Edge, Radio Marca, entre outros) e, desde 2009, foi tradutor e intérprete das ramas españolas de importantes empresas de desenvolvemento de videoxogos. Participou na localización de máis dun milleiro de videoxogos, moitos dos cales foron eloxiados pola súa localización ao español, con títulos como Elden Ring, The Witcher III: Wild Hunt, Assassin’s Creed Unity, Like a Dragon: Ishin!, Cuphead o Hitman III, entre moitos outros. Ademáis do seu labor docente e académico, tamén publicou diversos libros sobre divulgación da cultura do videoxogo, tales como La odisea de Shenmue (con Carlos Ramírez), La enciclopedia Dreamcast, El legado del Lobo Blanco ou Dragones y yakuzas (con Rafael Aznar), entre outros. Ten máis de 30 premios e nominacións ao seu nome.
Comezou a súa experiencia docente universitaria no ano 2009, no Experto en Diseño y Creación de Videojuegos da Universidade de Alacante (até 2016). No curso 2011/2012 foi profesor do departamento de Tradución e Lingüística da UVigo. En 2014/2015, foi profesor asociado do departamento de Filoloxía Inglesa da Universidade de Alacante. Desde o ano 2018 está traballando, de xeito ininterrumpido, como profesor asociado do departamento de Tradución e Lingüística da UVigo. Desde 2013, é docente do Máster en Tradución para a Comunicación Internacional (con mención de excelencia da Xunta de Galicia), e imparte sesións no programa de doutoramento Tradución & Paratradución desde 2019. Tamén é codirector e docente principal do Título propio de Especialista en Tradución para a Industria do Videoxogo (ETIV). Durante estes años, tamén colaborou de diversos xeitos con outras universidades, tales como a Universidade de Granada ou a Universidade Intercontinental de México.
As súas liñas de investigación abranguen, eminentemente, a localización de videoxogos en todas as súas posibles vertentes, así como a tradución de cómics ou a tradución audiovisual. Desde que defendeu a súa tese en 2012, publicou máis de 20 artigos en revistas importantes, así como máis dunha ducia de capítulos de libros. Tamén é o autor dos libros Localización de videojuegos: Fundamentos traductológicos innovadores para nuevas prácticas profesionales e La interpretación en el ámbito de los videojuegos, así como coautor de Videojuegos y [para]traducción: aproximación a la práctica localizadora (con José Ramón Calvo-Ferrer). Do mesmo xeito, é o coeditor dos libros Nuevas voces investigadoras en el ámbito de la localización de videojuegos (con Alba Calvo), Realidades y desafíos de la tecnología aplicada a la traducción e interpretación (con Sara María Torres-Outón) e Traducción & Paratraducción II (con Emmanuel Bourgoin-Vergondy).
- Méndez, Ramón y Calvo, Alba (2023) [eds.] Nuevas voces investigadoras en el ámbito de la localización de videojuegos. Valencia: Tirant lo Blanch. ISBN: 9788419471925.
- Méndez González, Ramón (2022) La interpretación en el ámbito de los videojuegos. Frankfurt am Main: Peter Lang. ISBN: 978-3-631-83293-6.
- Méndez González, Ramón (2022): Perspectivas de la localización de videojuegos: complejidades y problemáticas traductológicas del siglo XXI. Quaderns de Filologia: Estudis Lingüístics. 27: 153-170.
- Méndez González, Ramón (2022) «La carátula de los videojuegos: modificaciones paratextuales según las necesidades de la cultura meta», en Yuste Frías, Jose y Garrido Vilariño, Xoán Manuel (eds.). Traducción & Paratraducción I: Líneas de investigación. Frankfurt am Main: Peter Lang, pp. 159-176. ISBN: 978-3-631-81038-5.
- Méndez González, Ramón (2022) «La paratraducción de la realidad a través de los videojuegos: El caso de Hellblade», en Ferreiro-Vázquez, Óscar (ed.) Avances en las realidades traductológicas: tecnología, ocio y sociedad. Frankfurt am Main: Peter Lang, pp. 19-28. ISBN: 978-3-631-80810-8.