Licenciado en Filoloxía Hispánica, sección Galego-Portugués e Licenciado en Filoloxía Románica, sección francés, pola Universidade de Santiago de Compostela. Catedrático de Ensinanza Secundaria de Lingua e Literatura Galega no IES Politécnico de Vigo onde imparte tamén 1ª e 2ª Lingua Estranxeira Portugués e Holocausto e Memoria.
Xoán Manuel Garrido Vilariño é Doutor en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo coa tese (2004) «Traducir a Literatura do Holocausto: Tradución/Paratraducción de Se questo è un uomo de Primo Levi», en Teses de doutoramento da Universidade de Vigo.
Docente de Tradución e Interpretación de Francés e Portugués dende o 13 de xaneiro de 1995.
Profesor Asociado no Grado de Tradución e Interpretación da Universidade Vigo, na combinación lingüística francés-galego-francés.
Investigador titular do Grupo de Investigación TI4 Tradución & Paratradución (T&P), os frutos da acción de transferencia de coñocemento das liñas de investigación do bloque temático «Memoria e tradución» levada a cabo por Xoán Manuel Garrido Vilariño poden rastrearse na web do Doutoramento T&P compoñendo, na pestaña de búsqueda, palabras chave como «holocausto», «migración», «nazismo», «campos de exterminio» o «interpretación».