Catedrática de Tradución e Interpretación na Universidade de Vigo. Conta con 6 sexenios CNEAI de investigación e transferencia. É doutora en Filoloxía Románica (francés) pola USC (Premio Extraordinario doutoramento e licenciatura). Dirixiu e participou en numerosos proxectos competitivos de I+D e redes de investigación. Coordinou o grupo de referencia competitiva COLE (2012-2022). Agora está no grupo de investigación GALMA e no de innovación educativa Educación Transformadora: Ciencia, Comunicación e Sociedade. Os seus resultados en investigación e transferencia inclúen: numerosas publicacións en recoñecidas revistas e editoriais, creación de recursos multilingües en liña (ex. Portal RERCOR) e un importante número de traducións biomédicas publicadas (colaboración con AFM-Téléthon (Francia) e ASEM (España). Forma parte de comités científicos de prestixiosas revistas. É avaliadora externa de axencias de calidade e organismos de avaliación docente e investigadora. Desempeñou diferentes cargos de xestión (como directora de departamento, coordinación de doutoramento ou directora do grupo de francés CIUG).
É catedrática de Tradución e Interpretación no departamento de Tradución e Lingüística da Universidade de Vigo desde o 2003. A súa experiencia docente desenvolveuse no ámbito universitario. Nestes momentos imparte diferentes materias no grao en Tradución e Interpretación. Así mesmo, é docente no Máster interuniversitario en Lingüística Aplicada (MILA) e no Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional, que recentemente recibiu a mención de excelencia por parte da Xunta de Galicia. A súa actividade en relación coa docencia inclúe tamén a participación no doutoramento en Estudos Lingüísticos (E-ling) e no doutoramento en Tradución & Paratradución.
A súa investigación vincula, por unha banda, a análise teórica da tradución e a práctica tradutora e, por outra, o ámbito académico co social (transferencia). Deste xeito, a súa experiencia tradutora permitiulle enriquecer o seu traballo de investigación e viceversa. Este enfoque levoulle a desenvolver unha investigación fundamentalmente de natureza aplicada. Na actualidade as súas liñas de investigación principais céntranse na creación de recursos multilingües para a tradución especializada (en especial, no ámbito da biomedicina), a análise de convencións textuais e cuestións de terminoloxía, así como en aspectos teóricos e profesionais da tradución. Desenvolveu, así mesmo, outras liñas de investigación de natureza multilingüe como: problemas de tradución derivados da diacronía, dialectos temporais, intertextualidade e diferenzas culturais ou didáctica da tradución. Sobre os resultados da súa investigación pode consultarse ORCID
- Sánchez Trigo, E.- T. Varela Vila. Los términos manifestation (fr) y ‘manifestación’ (es) en artículos de revistas biomédicas: estudio basado en corpus, Revista de Lingüística, 33: 7-26 (ISSN 0214-9141). DOI: https://doi.org/10.21001/sintagma.2021.33.01 2021.
- Sánchez Trigo, E. Deontología y traducción: elementos para el análisis de la profesión, Meta : journal des traducteurs / Meta: Translators’ Journal, LXV (3): 573- 593 (ISSN 0026-0452 (imprimé) 1492-1421 (numérique)). DOI: https://doi.org/10.7202/1077404ar
- Varela Vila, T.- Sánchez Trigo. Diseño e implementación de una base de conocimiento terminológico sobre enfermedades raras. Onomázein. Revista de lingüística, filología y traducción, 49: 1- 20 (E-ISSN: 0718-5758). DOI: https://doi.org/10.7764/onomazein.49.01 2020.
- Sánchez Trigo, E.- T. Varela Vila. RERCOR: portal de recursos lingüísticos multilingües sobre enfermedades raras, Estudios de Traducción, 9: 131-151 (ISSN 2174-047X, ISSN-e 2254-1756). DOI: https://doi.org/10.5209/estr.65706
- Sánchez Trigo, E. Traducir el discurso especializado: errores de traducción y destrucción de valor. En García Peinado, M.Á.y Ahumada Lara, I. (eds.) Traducción literaria y discursos traductológicos especializados, Peter Lang: Berlín, 409-429 (ISBN: 978-3-631-74680-6) 2018.
![](https://paratraduccion.com/limiares/wp-content/uploads/2024/07/lorena_abreu_BG-320x426.png)
![](https://paratraduccion.com/limiares/wp-content/uploads/2022/05/Alberto-320x320.jpeg)
![](https://paratraduccion.com/limiares/wp-content/uploads/2022/05/Emmanuel-scaled.jpeg)
![](https://paratraduccion.com/limiares/wp-content/uploads/2022/05/Patricia-Buxan--320x320.jpeg)
![](https://paratraduccion.com/limiares/wp-content/uploads/2022/05/Pablo-de-Carlo--320x320.jpeg)
![](https://paratraduccion.com/limiares/wp-content/uploads/2022/05/Maribel-320x320.jpeg)
![](https://paratraduccion.com/limiares/wp-content/uploads/2022/05/Lara-320x320.jpeg)
![](https://paratraduccion.com/limiares/wp-content/uploads/2022/05/Pablo-Fernandez-Calero--320x320.jpeg)
![](https://paratraduccion.com/limiares/wp-content/uploads/2022/05/Anxo-320x323.jpeg)
![](https://paratraduccion.com/limiares/wp-content/uploads/2022/05/Oscar-Ferreiro--320x320.jpg)
![](https://paratraduccion.com/limiares/wp-content/uploads/2022/05/Iolanda-Galanes-320x320.jpeg)
![](https://paratraduccion.com/limiares/wp-content/uploads/2022/05/Xoan-Garrido--320x320.jpeg)
![](https://paratraduccion.com/limiares/wp-content/uploads/2022/05/Pedro--320x320.jpeg)
![](https://paratraduccion.com/limiares/wp-content/uploads/2022/05/Jessica-320x320.jpeg)
![](https://paratraduccion.com/limiares/wp-content/uploads/2022/05/Ana-Hermida-320x320.jpeg)
![](https://paratraduccion.com/limiares/wp-content/uploads/2022/05/Sara-Louredo--320x320.jpeg)
![](https://paratraduccion.com/limiares/wp-content/uploads/2022/05/Ana-Luna-320x320.jpeg)
![](https://paratraduccion.com/limiares/wp-content/uploads/2022/05/Ramon--320x320.jpeg)
![](https://paratraduccion.com/limiares/wp-content/uploads/2022/05/Xoan-Montero-320x320.jpeg)
![](https://paratraduccion.com/limiares/wp-content/uploads/2022/05/Salvador-320x320.jpeg)
![](https://paratraduccion.com/limiares/wp-content/uploads/2022/05/Elena-320x320.jpeg)
![](https://paratraduccion.com/limiares/wp-content/uploads/2022/05/Patricia-Sotelo-320x320.jpeg)
![](https://paratraduccion.com/limiares/wp-content/uploads/2022/05/Francisco--320x320.jpeg)
![](https://paratraduccion.com/limiares/wp-content/uploads/2022/05/Jose-Yuste-II-320x320.jpeg)